Que atoparás no proxecto educativo Mira

No proxecto educativo Mira do Grupo Anaya atoparás:

  • Banco de fichas de atención á diversidade e probas de avaliación.
  • Programación.
  • Programas, plans e kits de apoio á práctica educativa.
  • Desenvolvemento do talento, do pensamento crítico e da comprensión lectora.
  • Benestar emocional e dixital.
  • Inclusión e comunicación coas familias.
  • Técnicas de estudo e metodoloxías activas.

A aprendizaxe é máis eficaz cando o alumnado entende para que serve o que aprende e se sente implicado no proceso. Por iso, os nosos materiais parten de situacións reais e próximas, conectando os contidos curriculares coa contorna do alumnado e favorecendo unha participación activa na aula.

Traballamos con propostas prácticas e recursos variados que axudan a consolidar as aprendizaxes, mellorar a motivación e crear unha contorna educativa dinámica, accesible e significativa.

Descubre moito máis sobre Mira: claves do proxecto

Mira acompañamos

Sentes que che falta tempo no teu día a día? Facemos doado o que é difícil: acompañámoste con recursos, apoio e tempo.

Mira progresion

Preocúpache o cambio de etapa? Atendemos a progresión na aprendizaxe e facilitamos a transición entre etapas e ciclos.

Mira realidad

Queres un alumno implicado? Conectamos coa súa realidade, motivamos e implicamos o alumno na súa aprendizaxe.

Mira inclusion

É misión imposible atender a diversidade do teu alumnado? Achegamos diferentes solucións para diferentes necesidades. As mellores ferramentas para xestionar a inclusión na túa aula.

Mira acción

Gustaríache mellorar a avaliación? Presentamos un plan de acción para unha avaliación formativa.

Mira accesible

O teu alumnado ten déficit de comprensión? Poñemos en valor o sinxelo; fixemos o coñecemento accesible e comprensible.

Coa metodoloxía Mira poderás...

Mellorar as dificultades que se poidan presentar ao alumnado con problemas de comprensión a través de:

  • Traballo das destrezas comunicativas en todas as áreas.
  • Linguaxe clara.
  • Lectura fácil certificada por Plena Inclusión.

Ademais, ofrecémosche un plan para mellorar a avaliación, axudándote a facer consciente ao alumnado do progreso da súa aprendizaxe, a diagnosticala, medila e proporcionar retroalimentación. Contamos con:

  • Unha avaliación e reflexión continua para que o alumnado identifique áreas de mellora e aplique un plan de acción.
  • Xerador de probas de avaliación asistido por IA.
  • Panel de seguimento da aprendizaxe.

Contidos en galego

banner-lengua-cooficial-Primaria

Lingua galega

O programa presta especial atención ao paso de Infantil a Primaria. O tipo de letra, o tamaño, a tipoloxía e o número de actividades, así como a carga cognitiva de cada páxina, son aspectos que foron testados para facilitar a aprendizaxe progresiva do alumnado. Ademais, vai acompañado de Aprendo a ler e Ler - Cousas nosas.

Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais

Materiais acompañados da revista A Xanela de Galicia

Mostras dos materiais

Mira… vélo todo: presentámosche os contidos de Lingua, Matemáticas e ciencias da naturaleza e cienciar sociais.

material-alumnado-Primaria_MIRA
Material do alumnado

Descubre os materiais para o alumnado: libros, web do profesorado e da familia, cadernos.

material-profesorado-Primaria_MIRA
Material do profesorado

Descubre os recursos para o profesorado: programacións, propostas didácticas, as claves do proxecto.

material-digital-Primaria_MIRA

Accede e descobre os contidos dixitais que ofrece Mira.